Eduardo Rolland (Vigo 1969) é xornalista e leva moitos anos dedicado á divulgación científica e á comunicación en revistas e portais web universitarios e relacionados coa comunidade investigadora galega.
Traballou como redactor nos periódicos Expansión e Faro de Vigo. Actualmente traballa de forma independiente, ainda que colaborou co diario La Voz de Galicia e codirixe a página web de ciencia en galego GCiencia.
Tamén é colaborador habitual de revistas de difusión estatal como “National Geographic”, “Integral” ou “Viajar”.
Recibiu o Premio Bitácoras en 2014, Premio Prisma en 2017 e Premio Tesla en 2016, no ámbito científico. E o XXII Premio Xornalístico Albarelo ou o III Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.
Ten outros libros publicados de diversa temática.