Ferrol, 1964. Profesor de profesión e escritor de vocación, foi gañador da II, IV e XVI edición do Certame Carvalho Calero coa novela Mar para todo o sempre (1992) e os conxuntos de relatos Sobre comboios, janelas e outras pequenas historias (1994) e Unha mada de doce relatos (2008). Foi finalista no I Certame de Relato Curto da A. C. Cidade Vella (1989) con Ruiva mulher de esperança e participou nos volumes Longa lingua (2002), Os contos da Mesa, Seis ferroláns (Edicións Embora, 2003) e no dos Premios Pedrón de Ouro Modesto R. Figueiredo (2008). A novela Os desherdados (2006), e o ensaio Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007), ambos en Edicións Embora, son as súas últimas obras publicadas.