Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato “A media muller” co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón leva publicados máis de vinte títulos. Obtivo o premio Barco de Vapor nos anos 1988, 1991 e 1995 e o Premio Merlín en 2001.