autor das novelas Soños eléctricos (Premio Blanco Amor 1992), Sarou/Louzós (Premio Café Dublín 1997), O sangue dos camiños (Premio Risco 2003), O frío azul (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2011), e Liquidación de existencias (2016). Tamén ten publicado quince libros de relatos, entre eles os recentes Endogamia 0.2 (2013) e Flash-Black 13 (2014).
Cultivou tamén o ensaio (O gume dos espellos), a poesía (As máscaras de Cronos, Criptografías, A chuvia humana) ou a literatura infantil, tendo acadado nestes eidos, entre outros, premios como o Cidade de Ourense ou o Frei Martín Sarmiento, este último en tres ocasións para distintas idades. A súa pentaloxía futurista As venturas de Sheila e Said, ilustrada por Miguelanxo Prado, iniciada con Perigo vexetal (Premio Merlín 1995), e culminada con O camiño da Estadea (2016), é a súa obra máis traducida e reeditada.