Naceu en Lires (Cee), ao pé da ría máis pequena de Galicia, en 1950. Ten publicadas preto de 50 obras para nenos. Comezou o seu labor docente na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades de ézaro (Dumbría) e Brens (Cee), onde impartiu clases de Lingua e Literatura Galega. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego. Gañadora da cuarta edición do Premio Arume de Poesía para Nenos, en 6 ocasións resultou finalista nos premios Lazarillo (1997), Lecturas (2002), Barco de Vapor (1988) e Merlín (1996, 1999, 2003) ademais de no premio Edebé.