Xuvia-Neda, 1950. Ademais dun intenso labor literario, poesía, novela, relato breve, ten dirixido os seus esforzos cara ao xornalismo -de batalla-. Tanto no que se refire á critica de libros ou entrevistas como no relativo aos artigos de opinión, que seguen saíndo con asiduidade da súa pluma. Neste apartado podénse incluir as tres mil e pico columnas que so do epígrafe Miudiño apareceron en Diario de Ferrol entre decembro de 2001 e novembro de 2012. Con éxito de público e opinión, por máis que ás veces non estivesen exentas de polémica. Nidio síntoma do seu impacto.
Vicente Araguas, fillo predilecto de Neda, posúe a insignia de ouro de Ferrol, as súas mellores galas, representativas dos concellos que máis ama e nos que se sente recoñecido. A poesía de Araguas está recollida, ata 2005, en Maneiras de querer, por máis que en 2008 aparecera Xuvia revisitada e agora faga o propio Cando fóramos nevar. Recente é tamén a aparición en español de Xuvia-Neda, o mítico libro de relatos de Araguas, publicado orixinalmente en galego.