Ánxela Loureiro Fernández (Ferrol, 1956) é unha escritora de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guion cinematográfico. Mestra que exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos. A súa afición pola música lévaa a participar en varios grupos musicais e a dirixir coros infantís como Ledicia (Alegría) do que é a sua fundadora. Formou parte do grupo folk Saraibas actuando en numerosos escenarios de Galicia e Europa, e grabando varios discos.
En marzo de 2019, presentou o seu libro Voces da memoria con ollos de muller, para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no periodo 1970-1977 en Ferrol e a súa contribución para conquistar as libertades democráticas.