Ramos Ardá, Rodrigo

Ramos Ardá, Rodrigo

Naceu en Ferrol en 1950. é licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña e foto xornalista. Ten colaborado en numerosos medios de comunicación e publicado varios traballos sobre fotografía antiga de Ferrol. Entre as súas máis grandes afeccións atópase a navegación a vela e a historia naval.

Para este traballo contou coa colaboración do documentalista Simon Peter Tredinnick (Londres, 1967), ex piloto da R.A.F. e licenciado en Criminoloxía pola Universidade de Portsmouth. Afeccionado á investigación histórica, especialmente ao que se denomina family history -a investigación sobre a participación en feitos históricos de persoas concretas- está relacionado con Ferrol por vínculos familiares.

Skip to content