Colectivo Garola

Colectivo Garola

O colectivo Garola nace en Cedeira en 1988. Unha das súas primeiras actividades foi a de escribir teatro infantil. Co “Segredo de Daniel” gañaron o I Premio de Escritura Dramática Infantil Xeración Nós. A partir dese momento, os integrantes de Garola propuxéronse continuar coa creación de textos de teatro, conscientes da carencia deles en bibliotecas e librerías. En 1994 gañan de novo o Premio Xeración Nós coa obra A Escada. Posteriormente apostaron tamén polo teatro para adultos, iniciativa da que xurdiron libros como “Ela, el e Pirandello”, ou “O segredo do faiado” (Edicións Embora, 2009).

Skip to content