Torregrosa, José

Torregrosa, José

Nacido en Ferrol en 1945. A mediados dos 60, comeza a escribir en prensa, traballando ata 1972 no xornal La Voz de Galicia, ano en que é encausado no proceso dos 23. En 1974 marcha a Madrid para intentar a aventura teatral. Regresa a Ferrol en 1976. Colabora na prensa e en diversas entidades culturais. Comeza a adicarse de forma regular á poesía, actividade que inicia na cárcere da Coruña. Anos máis tarde ingresará no Grupo Chorima, co que participa en dous antoloxías e recitais por toda Ferrolterra. Nos anos 90 entra a formar parte da directiva da Asociación Fuco Buxán, dirixindo a súa revista Razón Socialista, a partir do ano 2000. De forma paralela, comeza a sua colaboración en Nordesía, suplemento dominical de Diario de ferrol, onde escribe de cine e de literatura. Leva escribindo dende os 10 anos.

Libros escritos por Torregrosa, José

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content