Caño, Xosé Manuel del

Caño, Xosé Manuel del

Xosé Manuel del Caño naceu en Santa Eufemia (Celanova) en 1955. Foi secretario do Padroado Curros Enríquez, que recuperou e converteu en museo a casa do autor d’O divino sainete. Fundador do Premio Celanova, Casa dos Poetas, director da revista literaria Follas Secas e tesoureiro da Asociación Graham Greene. Redactor de Faro de Vigo durante trinta anos, desempeñou o cargo de delegado deste xornal en Ourense desde 2005 a 2020.

Autor dos libros Conversas con Manuel María; Cen galegos; Guía de Ourense; Literaria; Historia ilustrada de Ourense; Ourense, paisajes, ciudades, monumentos; Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado; Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad; Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación; O misterio de Carlos G. Reigosa; Memorias faladas. Xaime Quessada. Artista da xenialidade; Conversas con Alfredo Conde. Xuízo, sentenza e condena; O contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo e Ourense, Atenas de Galicia.

Desde decembro de 2020 preside a entidade cultural Amig@s do Libro Galego /Artes e Letras.

Skip to content