Vidal Blanco, Francisco Antonio

Vidal Blanco, Francisco Antonio

Francisco Antonio Vidal Blanco (Palmeira, 1957) ten publicada unha vintena de obras literarias: as series xornalísticas “Ciencia, técnica e trebellos” e “Camiño vello congostra nova” en A Nosa Terra, as novelas O coitelo da pedra fundida (2015) e As deusas do calvario (2010), a peza de teatro A vinganza de Fortimbrás (2021), así como o ensaio Murguía, as letras e a historia (2000), entre outras moitas.

Colaborador habitual na prensa galega, recibiu numerosos premios literarios, entre eles o Concello de Vilalba de novela en dúas ocasións e o Avilés de Taramancos. En 2017 recibiu o Sereo da A.C. Barbantia ao labor cultural.

Skip to content