Bernis Madrazo, Francisco

Bernis Madrazo, Francisco

Salamanca, 1916-Madrid, 2003. Foi dende neno un apaixonado ornitólogo. Catedrático de Zooloxía na Universidad Complutense de Madrid, impulsou en 1954 a fundación da Sociedad Española de Ornitología SEO/BirdLife, da que foi secretario durante dúas décadas, así como editor da súa revista Ardeola. Foi autor de obras de referencia como Migración en aves. Tratado teórico práctico (1966), Aves migradoras ibéricas (1966-1973) ou La migración de las aves en el Estrecho de Gibraltar (1980), entre outras.

En 1987 foi nomeado profesor emérito da Complutense e, en 1996, presidente de honor de SEO/BirdLife. Foi ademais membro honorífico da British Ornithologist’s Union, a American Ornithologist’s Union ou a Deutsche Ornithologische Gesellschaft.

A súa influenza fundamental na ornitoloxía española segue a estar hoxe moi viva.

Skip to content