Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É un dos escritores máis importantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega. Mestre, crítico de LIX, colabora nos xornais e revistas máis importante de Galicia, e chegou a dirixir o programa radiofónico de música e poesía, Os sons do silencio. Conseguiu importantes premios: o Premio Merlín, o Premio europeo Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua, o premio Luna de aire de poesía infantil e entrou na Lista de Honra do IBBY. Con Arredor do teu corpo gañou o I Premio de Poesía erótica Illas Sisargas, en 2006. Versos de agua (Cacarabín, Cacarabón, en galego) entrou na lista dos Cen libros do século XX.

Leandro Lamas. Naceu en Narón en 1973. É actor e director de teatro e, dende 1998, dedícase á pintura. Ten realizado numerosas exposicións en Galicia e tamén en España e Portugal. Comezou o seu traballo como ilustrador no mundo do cartelismo. O seu primeiro libro ilustrado foi Sopra neste furadiño.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +