Castro Tomé, Germán

Castro Tomé, Germán

Germán Castro Tomé (Esmelle-Ferrol, 1944), xornalista, foi o director fundacional de Diario de Ferrol, cabeceira que saiu á rúa en xuño do ano 1999. Exerceu sempre en Ferrol e xubilouse no ano 2010.

Iniciou a súa carreira profesional en Ferrol Diario (1974-1981) para continuar poñendo en marcha unha delegación do Faro de Vigo (1981-1983) e pasar ao cadro de persoal de La Voz de Galicia (1984-1999). Foi tamén presidente e director fundador do Club de Prensa e da revista FerrolAnálisis, respectivamente.

Entre outras distincións, recibiu o Premio Diego Bernal 2013, que concede a Asociación de Periodistas de Galicia e o galardón a unha traxectoria que concedía Diario de Ferrol. é autor de Diálogos con álvaro Paradela. Ensaio, poesía e xornalismo e coautor con Juan Díaz Fraguela de Ferrolterra e as orquestras de baile (1930-2010), e Historia Gráfica del Club de Prensa de Ferrol 1987-2012.

Na actualidade dedícase ao xornalismo dixital e traballa nunha publicación sobre a científica ferrolá ángeles Alvariño.

Skip to content