Reigosa, Antonio

Reigosa, Antonio

Zoñán-Mondoñedo, 1958. Cronista oficial de Mondoñedo. Escritor, investigador e divulgador de literatura oral e mitoloxía popular.Responsable de Comunicación da Rede Museística da Deputación de Lugo e da sección de literatura oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Creador e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com) e do proxecto “Polafías”, membro do Comité de Expertos en investigación de campo ‘Corpus de Literatura Oral’. Autor de numerosos títulos infanto-xuvenís (Memorias dun raposo, Resalgario, Bacoriño, …). Coautor con X. Miranda e X. Cuba do Dicionario dos seres míticos galegos, Contos colorados, Pequena mitoloxía de Galicia e dos 20 volumes de Cabalo Buligán.

Entre os premios recibidos están o Merlín, o Raíña Lupa e Mellor Inciativa Bibliográfica 2016 (compartido con A. García Teijeiro) por Lendo lendas, digo versos (Lista de Honra do IBBY).

Skip to content