Fernández Carrera, Xan X.

Fernández Carrera, Xan X.

Bamiro.Vimianzo, 1951, mestre de Lingua Galega e Ciencias Sociais, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns e directivo do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e da Fundación Gonzalo López Abente. Impartiu cursos e xornadas de formación do profesorado na súa especialización e editou libros de texto para Primaria e Secundaria. Investigador e divulgador da comarca de Bergantiños e A Costa da Morte.

Publicou A Cultura Popular en Coristanco, (Concello de Coristanco, 1997), Ramón Caamaño, historia viva da Costa da Morte, (Xaniño, 1999), Descubre a comarca de Bergantiños, (Xaniño, 2001), Lugares con encanto da Costa da Morte, (Xaniño, 2003), Rutas para descubrir a Costa da Morte, (Xaniño, 2007), A Romaría da Barca, (Xaniño, 2007), Romarías da Costa da Morte, (Seminario de Estudos Comarcais, 2011), con Manuel Vilar álvarez, Guía de Carballo,(Concello de Carballo, 2013) e Descubre Muxía, (Concello de Muxía, 2014).

Skip to content