Neira, Xoán

Neira, Xoán

Mestre en Viveiro, é membro fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro co que participa en publicacións colectivas e outras actividades. é ademais colaborador habitual de El Progreso,e publicou poemas en revistas como Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática e Xistral entre outras; e en libros colectivos como Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Alma de beiramar, Negra Sombra contra a marea negra

é autor dos libros de poemas: Memoria e soño (1996), Nas varandas do abrente(2000), ás catro augas (2004) e Linguaxes (2005) en colaboración co artista plástico Otero Regal . En poesía infantil é coautor do poemario musicado Recreos (1997) e autor de Xiz de cor.

Ao longo da súa traxectoria recibiu entre outros os premios de poesía Meigas e Trasgos, Concello de Vilalba, Rosalía de Castro de Barcelona… e de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal.

Skip to content