Brezmes Comesaña, Carlos

Brezmes Comesaña, Carlos

A Coruña, 1965. é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo de Biólogos da Xunta de Galicia desde 1994.

Comezou a súa vida profesional no mundo da investigación con fauna mariña, pasando posteriormente a vincularse coa xestión marisqueira e a preservación do medio mariño en xeral. Ten como outros campos de interese a Paleontoloxía e a Malacoloxía, sendo galardoado en 2010 co primeiro Premio á Creatividade Aplicada ao idear un Centro de Interpretación Paleontolóxica nas Pontes.

Actualmente é colaborador do Museo de Historia Natural de Ferrol.

Skip to content