Os autores e autoras Ramón Vilar Landeira, Rosalía Fernández Rial, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, José A. Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Henrique Mariño, Santiago Pazos, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Fernando Cabeza Quiles e Beatriz Fraga participaron, convidados polo Concello de Carballo, na iniciativa Contos de taberna na primavera de 2014. Co viño, de tapa, un conto. Coa cervexa un poema. Co café un debuxo. De aperitivo, conversa e inspiración. Agora bótalle o dente a este libro e, despois, seguramente che entren xa as ganas de ir explorando os diferentes locais que o protagonizan, que poden ser estes ou outros calquera.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +