Vigo, 1952. É un dos escritores máis importantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega. Mestre, crítico de LIX, colabora nos xornais e revistas máis importante de Galicia, e chegou a dirixir o programa radiofónico de música e poesía, Os sons do silencio. Conseguiu importantes premios: o Premio Merlín, o Premio europeo Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua, o premio Luna de aire de poesía infantil e entrou na Lista de Honra do IBBY. Con Arredor do teu corpo gañou o I Premio de Poesía erótica Illas Sisargas, en 2006. Versos de agua (Cacarabín, Cacarabón, en galego) entrou na lista dos Cen libros do século XX.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +