Verne, Jules

Verne, Jules

Nantes (Francia), 1828 – Amines, 1905. Estudou Dereito en París, profesión á que non se dedicaría nunca. Obsesionado polos libros, pasaba moitas horas en bibliotecas estudando xeoloxía, enxeñería e astronomía, coñecementos cos que documentaría despois as aventuras dos seus libros.

En 1869 publicou Cinco semanas en globo, a súa primeira novela. O éxito foi tal que lle permitiu firmar un contrato co editor P. J. Hetzel. Tras esta obra chegaron Viaje al centro de la tierra (1864), De la tierra a la luna (1865), e 20.000 Leguas de viaje submarino (1870). A súa última novela foi La invasión del mar.

Célebre polos seus relatos de aventuras fantásticas, narrou historias cunha visión case profética incorporando nos seus relatos con asombrosa exactitude algúns dos inventos e descubrimentos científicos do século XX.

Foi considerado o precursor dun xénero literario novo, a ciencia ficción.

Ir o contido