Rodríguez de los Ríos, Juan José

Rodríguez de los Ríos, Juan José

Naceu en Ferrol en 1943. Membro dunha familia de cantores, ingresou na Coral Polifónica de Bazán en 1969 e permaneceu nela ata o falecemento do seu director e fundador, Manuel Pérez Fanego. Ten publicado unha vintena de traballos sobre Ferrol, a súa música e os seus músicos. Entre eles destacan os dedicados ás rondallas das Pepitas, ás agrupacións músico-corais de Ferrol e comarca e aos músicos Juanito Malde, Xusto Barcón, o Padre Fanego ou o poeta Anxo Fernández-Torres.

Ir o contido