Ir o contido

Rego, Carlos

Rego, Carlos

Carlos Rego (Ourense, 1965) leva dende mediados dos 80 perdendo cartos no mundo da música, iso si, coa maior elegancia posible. Membro de grupos como Viernes y los Robinsones, Cosecha Roja e Burgas Beat, dende moi cedo combinou as cancións cunha carreira paralela e case igual de anónima no mundo do xornalismo musical.

Durante os anos 80 e 90 colaborou esporadicamente coa edición ourensá de La Voz de Galicia. Tamén escribiu para esquecidos xornais gratuítos como 32 Pistas e fanzines de gusto exquisito como Otoño Cheyenne ou 18 Rodas.

Dende 2004 colabora habitualmente en Ruta 66. Tralo seu paso por “Nordesía”, o suplemento cultural do Diario de Ferrol, hoxe receita discos nas páxinas de Tempos Novos.

En 2010 publicou o seu primeiro libro, Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo (E. Milenio), e en 2015 Derribos Arias. Licencia para aberrar (66 rpm).