Pumar Gándara, Xosé

Pumar Gándara, Xosé

Naceu en Buxán (Val do Dubra. A Coruña) no 1931. Estudou no Seminario de Santiago e exerceu como párroco en Bastavales, Seavia-Erbecedo e Padrón.

Colaborador habitual do desaparecido Mensaje de Bergantiños, publicou Notas histórico artísticas sobre Bastavales, no Boletín de Estudios do Seminario Fontán-Sarmiento; e un traballo sobre Seavia-Erbecedo en Bergantiños, paseniñamente, volume premiado polo Instituto de Estudos Bergantiñáns. Este traballo é a base de Viaxe polo corazón de Bergantiños.

Pumar colaborou tamén na obra colectiva Vintecinco anos xuntos construíndo Igrexa, El pensamiento teológico de Pumar Cornes e as voces “Bastavales” e “Buxán” da Gran Enciclopedia Galega.

Primeiro presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns recibiu a distinción de Bergantiñán do Ano e foi recoñecido co título de Fillos e Amigos de Padrón. En 2012 a Fundación Eduardo Pondal otorgoulle o recoñecemento de Bo e Xeneroso dentro do programa FestiLetras.

Ir o contido