Lisboa 1888-1935, fillo dunha familia acomodada, recibiu unha educación exclusivamente inglesa en Sudáfrica, onde viviu ata 1905. En inglés escribiu o seu diario. Solitario e retraído traballou como tradutor comercial en inglés e francés. Comezou publicar poemas en portugués en 1912, na revista fundada por Teixeira de Pascoaes como órgano de expresión do saudosismo. Abandonou pronto o grupo de Pascoaes, para ser, con Mário de Sá-Carneiro, un dos introdutores en Portugal dos movementos de vangarda. Máximo expoñente do modernismo literario en Portugal, a maior parte da súa obra publicouse postumamente. Escribiu ata o seu mesmo leito de morte.