Feijoo, Pedro

Feijoo, Pedro

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é músico e escritor galego. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.​ Exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá.

Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do «Galicia», por Castelao (1997), no que explica a relación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co xornal Galicia, que dirixiu Valentín Paz-Andrade. No 2005 ve a luz Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. Como narrador publicou, entre outras, as novelas Os fillos do mar, A memoria da choiva e Un lume azul. Ademais publicou o libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, un libro entre os manuais de historia e as guías turísticas.

Ir o contido