Naceu en Ferrol en 1957. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é un dos mellores coñecedores da vida e obra do mugardés Felipe Bello Piñeiro e un notable estudoso da pintura galega do século XX. Ten publicado numerosos artigos sobre arte e artistas galegos en revistas e publicacións científicas, así como traballado na organización de exposicións en calidade de comisario.