(Rianxo, 1900-1930) Foi a gran figura da vangarda galega, non só como poeta, senón tamén como teorizador do vangardismo en Galicia.
Ingresa na Mocidade Galeguista e fai amizade cos intelectuais galegos da época, cos que manterá correspondencia. Tamén, por esta época, envía poemas ás publicacións periódicas galeguistas ou republicanas do momento (A Nosa Terra, Galicia, Ronsel…). De 1919 é o soneto “O sol da liberdade”, o seu primeiro poema publicado.