Fernando Patricio Cortizo. A Coruña 1972. Medra no barrio de Monte Alto, vencellado desde moi novo á sección de pesca submarina do Club do Mar de San Amaro, o que será a cerna da súa paixón polo mar e polas historias vencelladas ao mesmo. é autor de Historia da costa galega e dos seus naufraxios S.I-S. XIX e Historia da costa galega e dos seus naufraxios S. XX (dúas obras sobre as traxedias marítimas e a crónica naval do noso país), Manual do alumno de mergullo con tubo, Escarnio: la tragedia gallega del Prestige e diversas entradas na Gran Enciclopedia Galega.