Maceiras Rodríguez, Xabier

Maceiras Rodríguez, Xabier

Arteixo, 1970. Animador sociocultural a prol da memoria histórica de Arteixo, Bergantiños e As Mariñas. Fundador da Asociación Cultural O Rañal (1987), integrante da A.C. Monte da Estrela e do Colectivo Literario In Nave Civitas. Colaborou nos xornais El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña e, na actualidade, na revista deportiva O Dez.
Publicou O mar de Arteixo e os seus naufraxios (A.C.M.E., 2013) e De
Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam (Embora, 2014), escrito con Fernando Patricio Cortizo.
No 2014 abriu o blog Crónicas de Arteixo, espazo virtual no que debulla diversos temas, situacións e personaxes do concello arteixán.
Participou nas series da TVG Padre Casares e Serramoura. Na actualidade, traballa, con Xosé Antón Bocixa, nun proxecto audiovisual sobre o pasado do Polígono Industrial de Sabón.

Libros escritos por Maceiras Rodríguez, Xabier

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Ir o contido