Díaz López, Juan David

Díaz López, Juan David

Juan David Díaz López (Lugo, 1982) é Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago coa tese Cidades e hoteis na Galiza contemporánea (1779-1948) e centra o seu labor investigador nas transformacións urbanas ligadas á cultura burguesa, particularmente as do mundo dos viaxeiros e o fenómeno turístico. A realización dunha estancia no Institute of Historical Research da University of London impulsa o seu interese polas conexións anglosaxoas da temática hoteleira, o que se plasma en estudos como Unha casa para o viaxeiro. Da orixe do hotel ao caso galego (2015). Colaborador do equipo Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (HAAYDU) da USC, vén participando en diversos proxectos de investigación oficiais e en publicacións sobre historia da arte, arquitectura e urbanismo, entre as que destacan os libros Fondas e hoteis da Compostela burguesa (2020), O pazo de San Lourenzo de Trasouto (2015) ou, en relación co patrimonio galego perdido, os volumes colectivos titulados Arquitecturas desvanecidas (2019) e Arquitecturas añoradas (2023).

Ir o contido