Jaap Robben (Oosterhout,1984) é poeta e autor holandés moi aclamado como autor de libros infantís. Non escribe para un grupo de idade específico, senón para todos. Desde 2004 publica poesía, novelas, artigos, libros infantís e traducións. Tamén escribiu varias pezas de teatro. A súa obra recibiu numerosos premios, as súas novelas foron adaptadas ao cine e a súa obra publicada en quince idiomas. En 2014 publicou Brik, a súa primeira novela para adultos, coa que gañou varios premios.
Jaap tamén é un invitado popular na televisión holandesa: fala de poesía para a cadea Max, así como en programas de entrevistas.
A súa esperada terceita novela “Schemerleven” foi publicada a finais do 2022.
Nos libros de Susana Pillabana, a rapaza e o seu fiel amigo Can nunca se aburren. Se non encontran unhas tesoiras con gañas de cortar, á rapaza se lle ocorre que o Can cheire de todo cos ollos tapados. Os máis pequenos desfrutarán coas súas aventuras.