Naceu en Pontedeume en 1911. Viviu en Ferrol dende o seu nacemento e, aos 16 anos, ingresou na Armada, onde prestaba servizo o 18 de xullo de 1936. Durante a guerra combate no bando republicano. Cando se produce a vitoria das tropas franquistas, Miguel Iglesias, atópase en Ucrania. Cando estala a segunda guerra mundial non pode regresar España ata 1942, tras ter cruzado Europa con moitas dificultades.
Ao seu regreso a Ferrol consegue emprego no porto da cidade, onde traballou como encargado de grúas e, ocasionalmente, como intérprete de ruso. Finou en Ferrol en 2003.