Cangas do Morrazo, 1932. Poeta, dramaturgo, narrador, xestor cultural e catedrático de lingua e literatura, formou parte desde ben mozo do consello de redacción da revista poética Alba. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Língua Galega (AELG). Desde xuño de 2010 é membro da Real Academia Galega. Autor dunha ampla obra, con Larpancia saborosa do Lobo e a Raposa obtivo o V premio Estornela de Teatro para nenos que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas.