Cebreiro Martínez, Álvaro

Cebreiro Martínez, Álvaro

Álvaro Cebreiro (A Coruña, 1903-1956) foi debuxante, ilustrador, caricaturista galego. En 1919, con tan só 16 anos, comezou a colaborar en A Nosa TerraMondariz Alborada facendo caricaturas. En 1920 ingresou nas Irmandades da Fala, onde fixo a súa primeira exposición na súa sede da Coruña.

Traballou en El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roldanas, Ronsel e Alfar, e deseñou a cabeceras de Mar y Tierra.

En 1922, xunto co poeta Manoel Antonio escribiu o manifesto Máis alá!, relativo á vangarda artística e literaria galega. En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. En 1950 volveu publicar debuxo de humor en El Ideal Gallego. Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario” e pouco despois recibiu unha homenaxe organizada por diversos persoeiros como Camilo José Cela, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey, Otero Pedrayo, Álvaron Cunqueiro, Mariano Tudela e José María Castroviejo.

Ir o contido