J. J. Burgoa naceu en Ferrol. Diplomado en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade Complutense de Madrid, así como en Enxeñería Nuclear, dedicou os últimos dez anos a estudar os cruceiros galegos. Ata o momento, catalogou máis de cinco mil cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas. Publicou máis de vinte e cinco traballos sobre cruceiros, etnografía e arte popular.
Guillermo Llorca naceu en Ferrol. é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela. Foi profesor numerario de instituto. A súa obra de investigación e divulgación está publicada en diversos libros e en numerosos xornais e revistas. O seu labor como historiador céntrase en temas e personaxes relacionados con Ferrol. Entre estes traballos destacan as voces aparecidas na Gran Enciclopedia Galega.
22,00€
22,00€
20,00€
22,00€
22,00€
22,00€