Berros do Castro

Berros do Castro

Sexteto de música tradicional formado a mediados da década dos 90 na parroquia de Naraío, no Concello de San Sadurniño. O grupo está composto por músicos de longa traxectoria en distintas agrupacións folclóricas e etnográficas da comarca de Ferrolterra.

Ademais da súa faceta de intérpretes de musica tradicional, o grupo traballa na recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial de Galicia, froito do que saen traballos como Eirexado, s/n ou Tanto encanto reunido.

Ir o contido