Bel Olid (Mataró, 1977) escribe, traduce e imparte aulas de tradución na Universitat Autònoma de Barcelona.
Recibiu varios premios literarios, entre eles o Documenta Award en 2010. Presidiu a Asociación de Escritores en Llengua Catalana e é membro do grupo de investigación de literatura infantil e xuvenil Gretel de la UAB.
No 2008 publicou o conto Estela, grita muy fuerte para axudar a previr o abuso infantil, que recibiu o premio Qwerty ao mellor libro infantil. No 2010 sae o ensaio Les heroïnes contraataquen: models literaris contra l’universal masculí que recibíu o premio Rovelló. No 2011 publícase a súa primeira novela, Una terra solitària na que retrata a inmigración andaluza en Cataluña xunto á identidade cultural, social e sexual de fondo e na que tamén introduce a problemática do abuso sexual. No 2012 foi premiade co Roc Boronat de Narrativa 2013 por La mala reputació.
Colabora con diversos medios de comunicación catalás, entre eles o diario Ara e as revistas culturais Tentacles e Núvol.