Naceu en Calvelo de Maceda, Ourense, en 1947. Licenciouse en Filosofía e Letras e foi mestre de EXB durante anos, ata que conseguíu a Cátedra de Língua e Literatura Galega e empezou a dar clases nun instituto da Coruña. Traballou intensamente pola introdución do galego na escola, e publicou un bo número de obras de literatura infantil. é membro da Real Academia Galega desde 2002.