García Teijeiro, Antonio

García Teijeiro, Antonio

Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) é un dos escritores máis importantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega. Ademáis imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía e conferencias.

Mestre, crítico de LIX, colabora nos xornais e revistas máis importante de Galicia, e chegou a dirixir o programa radiofónico de música e poesía, Os sons do silencio.

Galardonado en 2017 co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén conseguiu importantes premios: o Premio Merlín, o Premio europeo Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua, o premio Luna de aire de poesía infantil e entrou na Lista de Honra do IBBY. Con Arredor do teu corpo gañou o I Premio de Poesía erótica Illas Sisargas, en 2006. Versos de agua (Cacarabín, Cacarabón, en galego) entrou na lista dos Cen libros do século XX.

Ir o contido