Nacido en Ferrol. Licenciado en Xeogrfía e Historia pola Universidade de Compostela. Foi profesor numerario de instituto. A súa obra de investigación e divulgación está publicada en diversos libros e en numerosos xornais e revistas. o seu labor como historiador céntrase en temas e personaxes realacionados con Ferrol. Entre estes traballos destacasn as voces aparecidas na Gran Enciclopedia Galega.
Tamén o cine e a prensa escrita ocupan un lugar preferente das súas investigacións, recollidas en obras colectivas como A Historia das Civilizacións a través do Cine (1988) ou Referencias periodísticas, históricas e literarias sobre a cidade de Ferrol (1995).
Algúns dos seus traballos foron merecedores de recoñecemento:Origen del Patronazgo de San Julián sobre la ciudad de Ferrol (Premio de Investigación Ingeniero, en 1985) e Los partidos políticos en Ferrol durante la II República (Premio de Investigación Jaime Quintanilla Martínez, en 1986).
Outras das súas publicacións son: Os Ateneos Ferroláns na súa Historia (1984, 1993), Historia da prensa ferrolá (1993), Ferroláns (1996) Ferroláns en Cuba (1997), Memoria da vida cotiá (2008) e Ferrolanos en La Argentina (2012).
22,00€
25,00€
15,00€
15,00€
22,00€
22,00€