Ferroláns
13 Setembro 2023Alma de grilo (e outras fábulas para acompañar o café)
17 Outubro 2023Ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Pero desta antiga lenda nunca oíran falar Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, uns nenos que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá. Isto cambiará coa chegada de dúas personaxes retortas que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén. Serán quen de conseguilo?
Esta divertida e máxica peza de Carlos Labraña resultou gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro Infantil convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas.
Dimensións | 24 × 17 cm |
---|---|
Edición | xullo, 2019 |
Idioma | |
Páxinas | 120 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-04-4 |