Invisible
13 Setembro 2023Adeus, capitán Walton
13 Setembro 2023Cada lenda ten unha historia, unha orixe tan profunda e antiga que na maioría dos casos non somos quen de rastrexar. Cada lenda é un pouso decantado, vestido de adobo literario, que acumula séculos de memoria colectiva e que serviu e aínda pode que sexa útil para comprendermos mitos, ritos e crenzas que practicamos e que describen a nosa forma de ser e de entender todo canto nos rodea.
Diso e de máis asuntos que irá descubrindo quen lea este libro tratan estes cento trinta relatos lendarios que percorren a provincia de Lugo de leste a oeste e de norte a sur.
Oxalá sirvan para estimular a curiosidade por descubrir novos lugares imaxinarios en cada un dos nosos arredores.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | maio, 2022 |
Idioma | |
Páxinas | 144 |
Encadernación | |
Ilustradora | Andrea López Álvarez |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-17824-68-6 |