Fóra de rexistro
13 Setembro 2023Como sinala Siro López no seu prólogo, Ferrol é unha cidade que soportou a tensión de ser o escenario dun enfrontamento latente. Engade o humorista gráfico, que tamén traballou en Bazán, que Ferrol e Bazán foron e son unha parella de feito, que se necesitan e se queren, aínda que de vez en cando non se comprendan.
Amadeo Varela resume a historia de Bazán e a súa relación coa cidade a través dunha introdución e tratando os apartados laboral, social, cultural, deportivo, sindical e político. No libro descríbense os feitos máis importantes, ofrecéndose unha semblanza dos seus protagonistas colectivos e individuais, complementándoos en cada capítulo cun extenso anexo gráfico de fotografías e documentos.
Formato | 14,5×21 cm |
---|---|
Edición | 2003 |
Idioma | |
Páxinas | 192 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 84-95460-26-2 |