Santiago de Compostela, 1977. É poeta e crítica literaria. Deuse a coñecer no mundo das letras nos anos 90 con poemas soltos e pequenos poemarios. Con Vivimos no ciclo das erofanías acadou o Premio de la Crítica de Poesía Gallega. Publicou ademais poesía infantil e xuvenil, participou en volumes colectivos e dirixiu a revista Valdeleite.
Ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas e participou en foros poéticos e encontros de poesía por toda a xeografía galega e estatal.
Obras súas foron traducidas ao castelán, catalán, inglés, francés, alemán, ruso e árabe.