Pernas Sueiras, Carolina

Pernas Sueiras, Carolina

Licenciada en Xornalismo formou parte da primeira promoción da Facultade de ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (1991-1995).

Traballou en radio e prensa escrita e colaborou en plataformas dixitais, así como liderando o gabinete de prensa da Federación Española de Surf, con sede en Ferrol (A Coruña).

O groso da súa carreira, dende o ano 1997, desenvolveuse primeiro na delegación ferrolá de El Ideal Gallego e posteriormente en Diario de Ferrol. Neste último periódico traballou como xornalista, nalgún momento, en practicamente todas as seccións, aínda que foi no departamento de deportes no que pasou un maior número de anos.

Desvinculouse deste diario en outubro de 2015, despois de case 16 anos. Na actualidade é profesora de inglés nunha academia con sede en Ferrol, cidade na que reside.

Invisible é a súa primeira novela.

Ir o contido