Autor: Yazidi, Bechir
Colección: Punto de investigación
Formato: 15 x 21,5
Edición: 2008
Idioma: castelán
Páxinas: 160
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-95460-83-7

Unha parte do exilio republicano español foi acollido en Tunisia, nunha iniciativa hoxe case esquecida e, desde logo, descoñecida para boa parte dos españois. O mar Mediterráneo favoreceu historicamente non só os intercambios comerciais, senón tamén a conexión do pensamento e as culturas. A baixa intensidade das actuais relacións entre España e Tunisia non é fácil de explicar. As nosas diferenzas idiomáticas, relixiosas e étnicas non son maiores que as que no pasado foron incapaces de levantar barreiras entre os pobos mediterráneos. Este libro, froito dun rigoroso traballo de investigación, quere servir de agradecemento á xenerosa hospitalidade dos tunisianos cos exiliados españois, unha xenerosidade moi meritoria por canto naqueles anos do século XX a poboación tunisiana tiña os seus propios e moi graves problemas. Ás mercancías pode porse prezo. Unha palmada solidaria, un paquete de comida arroxado ao paso dun convoi militar, un berro de ánimo, son xestos impagables.

P.V.P.
4.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +