Autor: Enrique Barrera, Rafael Pillado y José Torregrosa
Colección: FUCO BUXÁN
Formato: 14,5 x 21
Edición: primeira, 2''5
Idioma: castelán
Páxinas: 248
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-43-2
O Xuízo dos 23, que se celebrou en xullo de 1975 en Madrid contra os detidos en Ferrol por mor dos sucesos do 10 de marzo de 1972, foi unha das últimas rabexadas do réxime franquista, unha ocasión histórica na que a Ditadura se viu obrigada a mostrar a súa pouta, xa cansa, pero aínda con capacidade de ferir no máis vivo. Neste libro están, se non todas, moitas das voces máis representativas daquel proceso. Aquí atoparemos, publicados por primeira vez, importantes documentos da época, como o editorial que La Voz de Galicia quixo publicar por mor dos sucesos do 10 de marzo e que lle custou ao equipo directivo de entón unha fulminante ameaza de secuestro da publicación, así como abundante material xurídico do proceso. Progresismo e Reacción estaban enfrontados, e ségueno estando, pero admira comprobar que aqueles principios, entón chamados subversivos e “antiespañois”, sustentan hoxe os alicerces da nosa Constitución, cando aínda onte che levaban á morte e o cárcere.
P.V.P.
18.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +