Autor: Máiz, Bernardo e Rico Peña, Fermín
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2007
Idioma: galego
Páxinas: 112
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-95460-68-4

O instituto que en 1930 recibiu a denominación de Concepción Arenal representa a cerna e fundamento do ensino medio e superior de Ferrolterra. Dende a súa creación no ano 1927 até a segunda metade da década 1960-1970 foi o único ínstituto (de Enseñanza Media, de Bacharelato, de Ensino Secundario, segundo épocas) da grande e densamente poboada área enmarcada por Betanzos, As Pontes e Ortigueira, e dende os seus inicios desenvolveu un importante labor, non só no eido educativo, senón, e moi senlleiro, no cultural. A este centro de ensino viñeron formarse varias xeracións de ferrolterráns, e aínda hoxe é coñecido como “o instituto” por antonomasia.

Este libro móstranos documentos que recollen os anceios de lograr un instituto de ensino medio para Ferrol xa en 1847, analiza os planos de estudio de bacharelato que se cursaron durante o período que vai do 1927 ao 1967, fai un seguimento narrativo e documental da vida do instituto tendo como referencia as actas claustrais, e describe as actividades complementarias ás propiamente académicas. Un traballo de historia do ensino, pero tamén sobre a primeira xuventude de moitos ferroláns.

P.V.P.
12.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +